(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

(08).LINGUA E LITERATURA GALEGA 1O.BACHARELATO

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498650969
ISBN:
978-84-9865-096-9
Páginas:
298
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
240
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
1O.BACHARELATO

29,00 €

IVA incluido

Ademais dun desenvolvemento detallado dos temas de lingua e literatura, o libro complétase con toda unha batería de exercicios e actividades estimulantes, para facer deste manual un material motivador e doado de manexar. Todas as Unidades Didácticas preséntanse, tanto nos apartados de Lingua como nos de Literatura, como se fosen un encerado, de tal maneira que, ao abrilo, o estudante atopa os coñecementos básicos do programa perfectamente estruturados. Para reforzar a asimilación dos contidos, o equipo redactor deseñou unha ampla batería de exercicios prácticos moi dinámicos, que pretenden fomentar a creatividade e estimular a capacidade crítica do alumnado. Sabendo que os coñecementos de lingua e de literatura son importantes, este libro de texto non pode deixar sen tratar os grandes  asuntos e os grandes retos da sociedade do século XXI: os valores democráticos e de convivencia, o respecto á diversidade, a igualdade de sexos, a reafirmación da personalidade e do espírito crítico, a comprensión dos cambios e as transformacións sociais, a tolerancia, a afirmación da identidade sen renunciar á universalidade, a iniciativa emprendedora, a solidariedade, etc. Todas estas son cuestións de máximo interese e abórdanse dun xeito transversal, pero constante ao longo das lecturas, exemplos, contidos teóricos, xogos e exercicios. Neste sentido é importante destacar o apartado que pecha as distintas unidades, Sarillos e Descubertas, onde se suxiren traballos de investigación, propostas de debate, investigacións na rede, etc., actividades coas que poderán profundar no traballado así como demostrar o talento que atesouran os estudantes de Galicia. As unidades de literatura ofrecen ademais unha liña do tempo para explicar a evolución das nosas letras dende a súa orixe ata os nosos días, atendendo aos grandes feitos literarios galegos, universais, así  como aos grandes acontecementos da historia mundial. En definitiva, unha viaxe no tempo e cara ao futuro.
 Un manual elaborado dende a idea de que é necesario ofrecer unha ferramenta educativa útil para profesores e alumnos que, ademais de cumprir rigorosamente cos contidos curriculares esenciais, sirva tamén  para fomentar o interese e a curiosidade pola lingua nosa, pola nosa literatura, e, por extensión, que contribúa a avivar o interese polo mundo contemporáneo. O proxecto da Editorial Galaxia parte do convencemento de que a lingua galega debe ser un vehículo de recoñecemento e de descuberta da realidade, unha fiestra aberta para achegarnos ás grandes cuestións do noso tempo. A lingua entendida como  un vehículo de comunicación e como unha ferramenta de coñecemento.

Otros libros del autor en Picking Pack Logroño

Galaxia en Picking Pack Logroño

  • GALICIA MÁRTIR (ÁLBUM) -5%
    Titulo del libro
    GALICIA MÁRTIR (ÁLBUM)
    Castelao
    Galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,70 €11,12 €

  • A avoa canta como a cotovía -5%
    Titulo del libro
    A avoa canta como a cotovía
    Nº 276
    Díaz Núñez, Celia
    Galaxia
    Lembro ben a primeira vez que a avoa Oliva me cambiou o nome. E así unhas veces son Adrián e outras Toño. A ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,40 €11,78 €

  • Obra galega completa -5%
    Titulo del libro
    Obra galega completa
    Fole Sánchez, Anxel
    Galaxia
    No disponible

    42,50 €40,38 €

  • Pirata pregunta por ti -5%
    Titulo del libro
    Pirata pregunta por ti
    Nº 274
    Fernández, Ana María
    Galaxia
    Miau! Pirata chama cada día por ti, avoa. Semella que busca a túa sombra por toda a casa e, aínda que se fag...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,00 €11,40 €

  • A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981 -5%
    Titulo del libro
    A esforzada conquista da autonomía, 1979-1981
    Díaz, Ceferino
    Galaxia
    Velaquí a crónica dun tempo aparentemente breve, pero extraordinariamente intenso, que marcou o desenvolvemen...
    No disponible

    24,45 €23,23 €