Descuento:
-5%Antes:
Despues:
31,97 €Neste volume III do Diccionario da literatura galega fÃxose unha selección de obras que proporciona unha visión global e detallada, completa e complexa, dos vieiros polos que se foi desenvolvendo o noso discurso literario, ilustrando o amplo abano de opcións do que arestora dispón calquera lector. Neste marco, non só se presta atención ós textos que configuran o noso canon literario nun sentido restrinxido, senón que tamén se inclúen xéneros tradicionalmente marxinados, como o teatro ou a literatura infantil e xuvenil, cos que se fixo un especial esforzo para revisar e resituar a súa posición no sistema. En resumidas contas, velaquà temos un manual imprescindible para estudosos e curiosos.