Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX)

Historia da educación e da cultura en Galicia (Séculos IV-XX). Permanencias e cambios no contexto cultural e educativo europeo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497822206
Año de edición:
Materia
GEOGRAFIA
ISBN:
978-84-9782-220-6
Páginas:
1248
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

Descuento:

-5%

Antes:

65,95 €

Despues:

62,65 €
IVA incluido

Esta impresionante obra do profesor Antón Costa Rico analiza e valora o rico e múltiple pasado educativo e cultural de Galicia desde a súa romanización e cristianización até o presente, á luz e no contexto da historia cultural e educativa europea. Importantes personaxes, institucións educativas e culturais, iniciativas e obras intelectuais e literarias saen á luz nuns casos, ou son examinadas no cadro da sociedade galega e nos contextos hispano e europeo, cando é oportuno. Unha obra que constitúe unha detida análise dos procesos educativos e culturais en Galicia no tempo da historia antiga, durante a alta e baixa Idade Media, no renacemento, ao longo do Antigo Réxime e da Ilustración, así como os dous últimos séculos da historia de Galicia. A materia de estudo, as súas formas, os libros e os textos, as idades escolares, a biblioteca, as institucións, os intercambios dos galegos con Europa e América, o papel da Igrexa Católica entre nós, os conflitos culturais, a incoporación dos avances e das reformas científicas, isto é, unha visión poliédrica do que fomos desde o ángulo educativo e cultural; unha historia social do coñecemento en Galicia, co trasfondo da historia cultural e educativa europea. Prologada por Xosé Ramón Barreiro Fernández e por Agustín Escolano Benito, a obra componse de dez capítulos, cun extraordinario acompañamento de notas críticas e de referencias bibliográficas, unha antoloxía de textos literarios e pedagóxicos acaídos e amplos índices analíticos, onomásticos, toponímicos, de obras e de institucións citadas no texto, máis unha biografía xeral. Unha obra fundamental de estudo, de referencia e de consulta obrigada,  sobre a nosa historia cultural e educativa, elaborada con criterio académico e tamén marcadamente didáctico, de interese para profesores de todos os niveis educativos, estudosos, curiosos e lectores no campo  da historia, da literatura e a filoloxía, a filosofía e a educación.

Otros libros del autor en Picking Pack Logroño

Materia en Picking Pack Logroño

Xerais en Picking Pack Logroño

  • Funambulistas -5%
    Titulo del libro
    Funambulistas
    Nº 371
    Leobalde García, Mercedes
    Xerais
    Que é vivir se non camiñar pola corda frouxa? Esta idea é o xermolo de  Funambulistas. Na vida apenas hai ce...
    No disponible

    18,50 €17,58 €

  • Tanis I o Mocos -5%
    Titulo del libro
    Tanis I o Mocos
    Lourenzo González, Manuel
    Xerais
    O día que o príncipe Estanislao, herdeiro á coroa do extenso e poderoso reino de Sofrovia, cumpriu dezaoito ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,50 €9,98 €

  • Tal era vivir -5%
    Titulo del libro
    Tal era vivir
    Vázquez Pintor, Xosé
    Xerais
    "Tal era vivir" é a terceira e última entrega dos ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou n...
    No disponible

    16,65 €15,82 €

  • O patadón -5%
    Titulo del libro
    O patadón
    Lourenzo González, Manuel
    Xerais
    Un grandullón quítalle o balón a uns nenos e dálle un gran patadón. E alí vai o balón disparado contra o...
    No disponible

    9,95 €9,45 €

  • PALABRAS DE AUGA -5%
    Titulo del libro
    PALABRAS DE AUGA
    CALVEIRO, MARCOS
    Xerais
    O xamán Mkebe ordenou a todos os membros do clan dos Wakati da tribo dos Kimba que abandonasen o país Lomba c...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €12,30 €